Carta do colexio.


Sempre crin nos equilibrios e, no curso pasado, cando me decatei da idea de peque-rutas, non dubidei en que sería unha das actividades estrela das que se desenvolven no CEIP Escultor Acuña. Teno todo: actividade física, cultura e formación e, por suposto, o aspecto socializador.


Por máis que penso nas obxeccións que se lle poden pór, non as encontro. Só penso aspectos positivos:

• A nivel físico, mellora e contribúe en gran medida ao desenvolvemento do noso alumnado. Mellora o desenvolvemento do sistema nervioso e das capacidades físicas.

• Unha persoa que basee o seu “crecemento” no aspecto físico e descoide a súa formación, deixará de ser eficaz no que faga e non terá a autonomía suficiente para ser competente na sociedade na que se move. Péqueas-rutas son un bo elemento cultural e formativo, xa que a través delas coñecemos máis e mellor a nosa contorna en todos os seus aspectos: humanos, artísticos, xeográficos…

• Finalmente, esta actividade supón unha boa inxección ás relacións humanas fomentando aspectos como a amizade, cooperación, sensibilización sobre as diferenzas entre as persoas (o cal redunda a favor da integración)

En definitiva, felicidades pola iniciativa. Iniciativas como esta fan que a Escola Pública gañe peso específico e reivindique a súa inescusable necesidade de existir nuns momentos tan complicados.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Comentarios: